miércoles, 22 de octubre de 2008

GALA DE HOSTALARÍA DA FEDERACIÓN

A semana rematará coa Gala de Hostalaría da Federación de Empresarios de Pontevedra como punto de encontro entre profesionais do sector, asociados, distribuidores e invitados de honra, para intercambiar experiencias e agradecer os seus esforzos en materias tan necesarias como a seguridade alimentaria, a innovación tecnolóxica, a calidade e a promoción da gastronomía e o patrimonio cultural da provincia.
A Gala será unha xornada de convivencia e encontro, onde se homenaxeará aos profesionais do sector polos seus méritos durante a súa traxectoria, a súa contribución á formación no sector turístico da provincia de Pontevedra ou pola súa achega no incremento da nosa actividade empresarial.

No hay comentarios: