jueves, 6 de noviembre de 2008

I FESTIVAL TAPAS E DANZA

O sábado 4 de Outubro tivo lugar en Pontevedra o I Festival Tapas e Danza, organizado por FEPROHOS coa colaboración da consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo, e o concello de Pontevedra.


O establecemento gañador do concurso de tapas foi para A Casa do Lado, situado na praza da Leña, 1. A tapa vencedora foi para “Pataca Rechea”: pataca o forno, espuma de brandada de bacallau e brotes de alfalfa; elaborada pola cociñeira Diana Fontenla.
O premio para o establecemento gañador consiste na asistencia á Gala de Hostalería de Pontevedra 2008 que se celebra o día 9 de Novembro no Hotel Carlos I de Sanxenxo. Tamén está incluído o aloxamento no hotel en habitación dobre con SPA.


Tamén se realizou un sorteo con tódolos boletos do xurado popular consistente nun menú degustación para dúas persoas na I Mostra Gastronómica de Pontevedra 'O Grove’ resultando gañadora C.G. R. .
O seu marido J. M. S. acercouse, o venres 31 de Outubro pola tarde, o posto de FEPROHOS en Expogalaecia para recoller a invitación que os identificaba como gañadores do sorteo.


O día que escolleron foi o luns 3, polo que tocoulles degustar o menú do Talaso Hotel Louxo La Toja.

No hay comentarios: