Feprohos distingue a José González Solla, de Casa Solla, pola traxectoria profesional
por VG - 10/11/2008
por VG - 10/11/2008
Máis de 200 hostaleiros de Pontevedra celebraron a súa gala anual no Hotel Carlos I de Sanxenxo, onte domingo, organizada pola Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra, Feprohos.
O presidente de Feprohos, José Magáz, pediu a unión do sector para facer forza ante as autoridades e defender os seus intereses. Pola súa parte, José Manuel Figueroa, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e presidente de Rías Baixas, expresou a vontade das institucións para seguir traballando polo sector do turismo para intentar paliar a situación difícil que se está vivindo e finalmente, Rubén C. Lois González, director xeral de Turismo da consellería de Innovación e Industria informou que antes de fin de ano se terá unha nova ley de Turismo aprobada polo parlamento gallego.
Neste punto de encontro entre profesionais do sector, asociados e autoridades rendiron homenaxe aos profesionais do sector. Os galardoados foron Carlos González Portela, sumiller que se lle distinguiu pola contribución á formación no sector da hostalería; Aaron Álvarez Fernández, da Autoridad Portuaria de Vigo, pola contribución á actividade empresarial; José González Solla, de Casa Solla, pola traxectoria profesional.
Ademais entregáronse os Premios a Novos Membros da Academia como Digna Prieto Devesa, do restaurante “O Crisol”; Gloria Goberna Fernández, do restaurante “O Moscón”; Emilio Fernández Monzonis do camping “Islas Cíes” e Juan José López Pérez da “Chocolatería Bonilla”
Para compartir co sector da hostalería de Pontevedra este evento tan especial, estiveron presentes no acto representantes de asociacións de empresarios de hostalería doutras provincias e autoridades autonómicas e locais como María Montserrat Prado Cores, delegada provincial da Consellería de Innovación e Industria; Santiago Domínguez Olveira, concelleiro industria, comercio, turismo e cascos históricos e primeiro tenente de alcalde do Concello de Vigo.
José González Solla, de Casa Solla recibe o premio de mans de Antonio Mendez de Adegas Coto Redondo
Un aspecto do salón durante a cea
Para ver a noticia clic aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario