viernes, 14 de noviembre de 2008

VIGOGASTRONÓMICO - 8 DE NOVEMBRO


marisquería Airiños do Mar
Xaquín Álvarez, o cociñeiro que quere dicir algo con cada prato
por Roberto Ledo - 08/11/2008

O restaurante grovense ‘Airiños da Terra’ (Beiramar, 28, O Grove 986 732 772) foi o último restaurante en ofrecer un menú degustación na 1ª mostra gastronómica de Pontevedra, organizada por la Federación Provincial de Hostelería rematou hoxe.

Xaquín Álvarez, 2º premio no concurso gastronómico nacional Interatún, é o encargado dos fogóns 'Airiños do Mar’. Fillo de Xaquín e Candelaria que abriron hai 20 anos, este enxeñeiro químico deixou todo pola cociña.

O menú degustación das xornadas que ofreceu respondeu a súa máxima: “A cociña non só son os ingredientes que se poñen nos pratos, senón o que o cociñeiro quere dicir de cada dun deles”. E os ingredientes tradicionais son peixes e mariscos da Ría, especialmente o guiso de arroz con lumbrigante e máis a rabada con ameixas. Esta é a cociña tradicional que practica habitualmente no seu pequeno restaurante.

Sen embargo, vamos co menú degustación preparado para as 1ª mostra gastronómica de Pontevedra. Mexillóns con verduriñas en escabeche; pan de millo con compota de cebola e xoubiñas; polbo prensado; crema de nécoras con sorpresa; arroz cremoso de cegalas; raia con crema de berberechos; carrilleira de tenreira galega con tetilla e arándonos. E de sobremesa: Brounie con crema inglesa e cañas con crema da paixón. Este menú coa opción tomada polos comensais dun Protos de Ribeira del Duero fixo unha perfecta maridaxe.

Xaquín vai participar nun concurso proximamente, tamén en O Grove, na sexta edición da Festa da Centola, do 24 de novembro ao 8 de decembro.

Pan de millo con compota de cebola e xoubiñas


Polbo prensado

Carrilleira de tenreira galega con tetilla e arándonos

Xaquín Álvarez con María Prieto, directora da Guía Gastronómica de Vigo; José Magáz director de Feprohos entre otros

Para vela noticia con tódolas fotos e un video de Xaquín Álvarez explicando cal é a clientela de O Grove, RL. clic aquí

No hay comentarios: